EN MEMORIA DE GELASIO NOGUEIRA ESMORIS
=======================================================================
EN MEMORIA DE PABLIN "PIPORRO" Y VICENTE "GERVASIO"
AS BÓVEDAS “VIAXE Ó DESCOÑOCIDO”.
¡¡ Veña, veña !! Di “Mundo”, dende o alto da escada suxeta a parede. ¡Vaites!
¿Cómo vou a recuar agora? Tentando que non se decatara da
miña inquietude ó mesmo tempo
que poñia un pe na primeira travesa daquela escaleira de madeira, único camiño que
levaba o campanario da igresa do meu pobo.
“Mundo”, foi pa min o compañeiro co que iniciei moitas das aventuras
o longo do primeiro tercio da miña vida, dende subir o valo mais alto ata marchar xuntos camiño da emigración, esta era
unha das primeiras oportunidades da nosa carreira de andar no fio da navalla.
Xa no alto agarreime a man de “Ramoné” que tirando cara enriba axudado por “Piporro”
encontreime de súpeto no medio do resto dos colegas que íbamos a
escomenzar aquel suceso extraordinario para
nosas vidas, coñocer o “ inframundo” que nos deparaba mais
alá daquel burato que aparecia na parede do campanario da iglexa parroquial de
Carballo.
Votei unha ollada os compañeiros cos que iba a escomenzar
aquela fazaña, alí estaban Xosé Luis “Camañete”, Moncho “Ramoné”
, Vicente “Gervasio”, Mundo “Navaza” e Pablo “Piporro”,
todos miraban cara min como recriminando a miña tardanza en asumir o risco da
escalada, ¡¡ Veña xa estou!! mestras sentía unha friaxe que me estarreceu
vendo a negrura daquela abertura cara o descoñocido.
“As Bóvedas” nome mítico na memoria da nosa nenez que tiña para nos un
significado misturado de máxia e risco, era
sin dúbida un perigoso percorrido que se facia polos soportes donde repousaban
a cerchas de madeira que sostiñan a cuberta da nosa igrexa, este espazo entre a
bóvedas e o tellado era o itinerario dun dificultoso viaxe ó redor da estrutura
do templo carballés.
Quen asumia a cabeceira da tropa a maioria das veces era O
Piporro que tiña unha facilidade para escorrer o seu corpo entre o
entramado das madeiras coma si fora unha serpe ¡¡Que no diría ó cabo dos
anos exercendo a menciña en Lugo!!, este guía debía poñer en aviso ó siguente
membro de seguido de calquer dificultade atopada, o terceiro ó cuarto e asi
dunha maneira sucesiva, xa que o camiño faciase case na escuridade so iluminado
polas raiolas que pasaban atraves dos buratos
das tellas romanas do teito. O traxeto faciase con lentitude e moito
coidado sin tentar poner os pes nas bóvedas que tiñan gretas donde nalgunhas
podiasen ollar os feligreses rezando ¡Foder, non sabían eles o que lle podía caer do “ceo”!
¡¡Carallo!! ¿Que foi iso? di “Camañete” guidandome do
pantalón o que fixo que estivera pendurando coma unha campá da cercha que tiña
enriba de min mentras unha curuxa petaba na miña testa ¡¡O
Espiritu Santo, O Espiritu Santo!! , bromeu o “O Gervasio” mentras eu
tentaba poñer os pes na repisa mais preto de min. ¡¡Vicente, deixate de
brincadeiras que estiven a punto de facer unha desfeita ahí abaixo!! Mentras
o resto da tropa desternillabase de risa agarreime o puntal coma si fora a miña
nai
Era moi corrente atoparse con pombas e paraxos que añiñaban
entre o teito e incruso algún gabián o que facia da incursión unha proba chea
de sorpresas, sustos e medos.
Unha vez rematado o percorrido escomenzaba a aventura de
baixar sin ser cachado polo sacritán Xan “O da Morena” ou polo párroco D. Venancio o noso
particular “Martelo do herexe” para non sufrir unha posible represalia daquel
cura que “Donde non chegaba, mandaba recado”.
Este pequeño relato e en memoria de Vicente De la Viña Varela
(q.e.p.d) e de Pablo González Regueira (q.e.p.d.), caros amigos que
deixaron en min un recordó imborrable.
Francisco Prado
&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.